LUGARES VIVOS ACHEGA Á RIBEIRA SACRA UNHA DUCIA DE EXPERIENCIAS CULTURAIS PARA POÑER EN VALOR O PATRIMONIO

Maio 25, 2023

nota:

O proxecto cultural Lugares Vivos presenta dúas xornadas no vindeiro mes de xuño, os sábados 10 e 17, en diferentes localizacións xeográficas da Ribeira Sacra con diversas experiencias que poñen en valor o territorio e dende unha perspectiva feminista, xa que moitas das actividades desenvólvenas mulleres.

A vinculación co rural é un detonante para achegar público tanto local como de outras cidades veciñas a descubrir uns territorios declarados como ben de interese cultural e que, ademáis, son atravesados polo Camiño de Santiago, denominado Camiño de Inverno.

O evento, organizado pola promotora I-radia Crea, terá lugar en dous sábados consecutivos, ofrecendo unha programación completa co obxectivo de descentralizar a demanda cultural e achegala, neste caso, a rincóns da Ribeira Sacra.

A programación consistirá en diversos concertos e actividades repartidas por diferentes escenarios cun grande valor patrimonio e cultural:

10 de xuño
11.00 h Roteiro pola historia do Mosteiro De Santa Cristina de Ribas de Sil
12.30 h Concerto de María Rodés en Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil
18.00 h Visita teatralizada ó Castelo Castro Caldelas
19.15 h Conversa, Músicas e Feminismos no Castelo Castro Caldelas
20:00 h Concerto de Sés no Castelo de Castro Caldelas.

17 de xuño
11.00 h Roteiro patrimonial e musical con Catuxa Salom e coa veciñanza de Vilachá de Salvadur. (Pobra do Brollón)
12.15 h Apertura das Adegas Tradicionais de Vilachá. (Pobra do Brollón)
13.00 h Música e Olaría. Con Elías González e Abraham Cupeiro en Reitoral de Gundivós (Sober).
18.45 h Visita patrimonial ao Mosteiro Santa María de Ferreira de Pantón da man das Monxas cistercienses en Pantón.
19.00 h Concerto de Margarida Mariño no Mosterio Santa María de Ferreira de Pantón.

As entradas sairán á venda este xoves 25 de maio na web Ataquilla.com. Estarán dispoñibles os abonos por día a 12 euros (+ gastos de xestión) e ademais, os rapaces menores de once anos terán acceso á metade de prezo. Tamén poñeránse á venda entradas exclusivamente para acceder ó concerto de Ses o sábado 10 de xuño en Castro Caldelas.

Este proxecto cultural foi un dos seleccionados para recibir os fondos europeos Next Generation, outorgados pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) a través das subvencións Territorio Cultura, que serven para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas. Así mesmo, os concellos de Sober, Parada de Sil, Pobra do Brollón, Pantón e Castro Caldelas apoian a creación deste formato que pon en valor o rural da Ribeira Sacra.

AXENDA

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
PPCA Error: Due to Facebook API changes it is no longer possible to display a feed from a Facebook Page you are not an admin of. The Facebook feed below is not using a valid Access Token for this Facebook page and so has stopped updating.

19 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook