Lucía Martínez Cuarteto

Decembro 20, 2014

nota:
Lucía Martínez Cuarteto | Jazz

Xosé Luís Miguélez: saxo alto, frauta traveseira; Pedro Neves: piano; Carl Minnemann: contrabaixo; Lucía Martínez: composición, batería.

Lucía Martínez é unha xove percusionista e compositora cunha grande experiencia no mundo da música clásica, world music e jazz. Lucía é unha das poucas mulleres, se non a única española, que pode presumir de remata-los seus estudos clásicos en España, de jazz na Universidade Politécnica de Oporto-Portugal e un Master en Batería e Composición na Universidade das Artes de Berlín. Ademais da súa profunda formación, o seu temperamento emprendedor e de líder sitúaa satisfactoriamente á fronte dos propios traballos nacionais e internacionais. O seu primeiro álbum, Lucía Martínez Cuarteto: Soños e delirios, conta coa colaboración de Perico Sambeat no saxofón alto, Maria João á voz, José Alberto Gomes na electrónica e Juantxin e Toto nas palmas. Esta é unha idea fresca e orixinal, dirixida por unha muller xove, percusionista compositora, disposta a crecer e consolidarse no tempo, que presenta un traballo interesante e sólido, aberto non só a escenarios de jazz senón tamén a outros círculos de música de cámara e novas músicas.

AXENDA

Facebook

4 hours ago

Ábrete de orellas
mañá sábado 20 en Redondela, concurso de maquetas de Asociación do Festival Millo VerdeEn colaboración con ArteLixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook