Lucas Caballero

Novembro 05, 2015

nota:

O cantautor arxentino Lucas Caballero ofrecerá un concerto na Casa das Crechas acompañado polos músicos galegos Uxía e Fran Pérez ‘Narf’. Ía ser un espectáculo do dúo Lucas Caballero e Florencia Paz, pero esta tivo que cancelar a súa xira por razóns familiares.

Lucas Caballero é un músico arxentino (Formosa), guitarrista de Guauchos (banda argentina de folk-rock, gañadora do prestixioso Premio Gardel ao “Mellor Álbum Novo Artista Folklore” por Pago en 2014), cantautor, produtor artístico e, actualmente, está a traballar na produción do segundo disco de Florencia.

Estará acompañado por dous grandes da música galega, Uxía e Narf, que veñen de presentar no seu primeiro disco conxunto: ‘As baladas da Galiza imaxinaria’.

Vídeos:
https://www.youtube.com/watch?v=LEuBua90plg (Quedarán)
https://www.youtube.com/watch?v=u-tlbsTJUf0 (Chacarera para mi vuelta)

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
8 €