nota:
Luar Na Lubre, unha das bandas de referencia da música folk do noso país, publicou en maio un disco dedicado á Ribeira Sacra, que presentará no Teatro Jofre de Ferrol
A banda liderada por Bieito Romero gravou en outubro de 2017 este novo traballo discográfico no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense), que ten como obxectivo poñer en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio.
Este novo disco inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías “que van lembrar e remarcar todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra”, en palabras de Bieito Romero, que salientou que esta é a primeira vez que se fai un disco destas características para potenciar e difundir a Ribeira Sacra a través da música”, un territorio “que é desde sempre patrimonio da humanidade, aínda que oficialmente aínda non, e a nosa idea é poder falar coa grandeza da Ribeira Sacra, potenciándoa a través da música”.
‘Ribeira Sacra’ conta con ducias de colaboradores que achegan o seu grao de area ás 26 cancións deste disco: desde Víctor Manuel ata SES, pasando pola Coral de Ruada, Nani García, a asturiana Marisa Valle Roso ou Juan A. Antepazo de Astarot, Irma Macías Suárez, Brais Maceiras, entre outros moitos.
Bieito Romero remarcou na presentación que tivo lugar en Ourense que esta gravación “tocoume no corazón, porque as miñas orixes están na Ribeira Sacra, e ademais, para todos supuxo un proxecto moi especial porque comezamos a traballar nel na data en que os lumes fixeron estragos en Galicia, e o feito de estar nun territorio de tal alto valor natural, como é a Ribeira Sacra, nos fixo arrancar con moita tristura”. Romero lembrou o labor etnográfico e de recolleita de sons naturais e testemuñas que enriqueceron este traballo musical. “Fumos polas aldeas a falar coa xente, recollemos sons de vento, carros, campás, e tamén imaxes de nevaradas, amenceres…, de tal xeito que neste traballo mestúrase a música co ambiente da Ribeira Sacra”. A súa pretensión, remata, “foi acadar unha banda sonora humana e natural”.
O traballo discográfico recolle tamén nas letras feitos e personaxes históricos, como Romasanta, e de lenda, como os Felos de Maceda e Esgos, de fonda tradición etnográfica no entroido, ademais de textos en barrallete, a linguaxe dos afiadores.
Luar Na Lubre
A banda liderada por Bieito Romero volve cun novo traballo despois cun dobre CD recompilatorio no que celebraba os seus 30 anos de traxectoria indiscutible. Luar Na Lubre foi premiada en numerosas ocasións con recoñecementos tanto a nivel galego e local, como a nivel estatal, con nove Premios da Música concedidos pola “Academia de las Artes y de la Música” ou cos dous discos de ouro por dous dos seus traballos ao superar as 50.000 copias vendidas en cada un de eles. O primeiro deses discos (Plenilunio) foi entregado por Mike Oldfield na súa casa de Londres, e alí foi onde o músico británico versionou “O Son Do Ar” retitulándoo como “The song of the sun” e incluíndoo como track número 1 do seu álbum ‘Voyager’ no ano 1996. Este momento foi transcendental para a historia da banda, xa que abriu a posibilidade de que a súa música fose coñecida por un público máis amplo.
Luar Na Lubre son:
Bieito Romero (gaitas, acordeón e zanfona)
Irma Macías (voz)
Antía Ameixeiras (violín)
Patxi Bermúdez (Bodhran, tambor, djembé)
Pedro Valero (guitarra acústica)
Xavier Ferreiro (percusión latina, efectos)
Xan Cerqueiro (frautas)
Brais Maceiras (acordeón diatónico)
Vídeo explicativo do proxecto: https://youtu.be/rHT7BWJw1q4
Entradas: