Os coruñeses Xoel López (Deluxe) e Félix Arias (Guru Deva) retoman o seu proxecto conxunto Lovely Luna con “Las cosas que nadie debe ver” (Mushroom Pillow). Unha colección de trece cancións que quixeron compartir relaxadamente con invitados como Josele Santiago na estupenda “Si no hay”, Alfa de LE PUNK en “Gigante con pies de barrio”, Eladio de Medusa, Marisa de Luxury 54…Piano e voces, minimalismo, pequenas preciosidades de melancolía (“Yo ya te conozco”, Sola”…), bromas (“Camandulear”), dor (“Madre”) … Abondas pezas aproveitables nun proxecto no que dar renda solta a composicións ao marxe das súas bandas habituais. Se che gustan Deluxe e Guru Deva, aquí tes o complemento ideal para coñecer máis as inquedanzas dos seus líderes.
PEPE CUNHA 1/11/04
Featured