Lou Reyes & Sus Reales

Agosto 02, 2018

nota festival Feito a Man:

LOU REYES & SUS REALES (rockabilly/ranchera) 22.15 – Praza dos Gatos

Con 30 anos de carreira profesional, Lou Reyes presentase agora como Lou Reyes & sus Reales. Despois de Lou Reyes & Los Astros, Lou Reyes & The Wild Bunch, Los Horizontes, Los Mustang Charros ou Los Rockin’ Corsarios. Gravando o seu primeiro disco en 1988 traballou con produtores como Jaime Stinus ou Iñaki Altolaguirre, Dave Gwynn, ademais das súas propias producións, e con músicos entre os que se encontran Dave Gwynn, Hec Oliveira, Steve Jordan, Lads Sánchez, Jeff Espinosa ou Tato Vázquez por citar só algúns.

Lou Reyes, “con sus Reales”, presenta un clásico repertorio ao seu estilo, baseado en composicións propias pero tamén outras cancións, dependendo da noite. Rockabilly, Rancheira, Country, son basicamente as marxes do devandito estilo…pero con toques de pasodobre, rumba, calypso…escondidos no interior das composicións.

AXENDA

Facebook

8 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:15h.
Praza dos Gatos, Santiago de Compostela.
De balde.