Los Winters

Agosto 20, 2022

nota:

Seguindo coa serie de concertos do CourelSon 2022 aprazados no seu día pola vaga de lumes da nosa Serra, este sábado chegará a Folgoso a banda madrileña de Blues eléctrico “Los Winters”. O concerto, coma sempre, será de balde, a partires das 21:15h. e, ademais, teremos ao dispor dos asistentes os productos elaborados na Serra.
Será, de novo, unha reivindicación de que Courel está máis vivo e unico que nunca.

Máis de 25 anos riba dos escenarios avalan a un trío recoñecido coma a mellor banda estatal homenaxe ao bluesman albino Johnny Winter. Netas máis de dúas décadas, teñen tocado coas máis importantes figuras do blues europeo, pero tamén con moitos bluesman americanos. Los Winters son:

Kpow Alburqueque: Voz e Guitarra
Pino Sambataro: Batería
Phineas Sánchez: Baixo

AXENDA

Facebook

21:15 h.
Courel Son, Folgoso do Courel.
De balde.