Los Reyes del K.O.

Febreiro 10, 2018

nota:

A lendaria banda de blues, unha das máis potentes a nível estatal e prestixio e premios internacionais reúnese 7 anos despois do seu último concerto. A súa reestrea produciuse en Cazorla durante o Festival BLUESCAZORLA onde congregaron a numeroso público expectante ante a súa volta e recibiron grandes criticas do seu directo en todos os medios especializados.

ADRIÁN COSTA e MARCOS COLL volven reunirse e a cita será no Auditorio de Ferrol unha cidade á que sempre estiveron ligados pois na súa traxectoria non deixaron de participar nas diferentes programacións do concello xa fóra coa súa propia banda naqueles anos ou con outras formacións ou proxectos durante as súas carreiras individuais.

ADRIAN COSTA agora líder TheCryers e MARCOS COLL endosher de Hohner e considerado un dos grandes armónicistas do momento, teñen un poderoso show cheo de directos de puro blues, cheos de funky e ganchos cargados de soul,para que non pares de bailar asalto tras asalto ata que soe a campá. Un show perfectamente adaptable ao formato teatro que realizaron tantas e tantas veces. Os Reyes do K.O. son os irmáns galegos que unidos pola súa afección e dedicación ao blues e á música negra en xeral, mostraron a súa maneira de entender esta música por medio mundo. En festivais compartindo escenarios cos mais grandes como Chuck Berry, Solomon Burke, Buddy Guy,John Mayall, theAnimals, TheFaboulousThunderbirds,etc etc, ou nas mais importantes salas de leste xero ,como o Buddy Guy´ sLegends en Chicago ou o Terra Blues en New York.

Despues de coñecerse de nenos no colexio de Compostela, en 1993 deciden formar unha banda de” blues” amateur para dar renda solta á súa devoción por este tipo de musica. Despois de moitos concertos de ámbito local ,en bares,casas okupadas ou na mesma rúa, Marcos decide irse a Madrid a probar sorte .Despois de facer todo tipo de traballos polo día, desde mozo de almacén ata condutor de guindastre, e de tocar en diferentes formacións e jamsessions pola noite, recibe a chamada da banda decana de blues en Espana, a TonkyBluesBand. Este feito cambiaria a súa vida sobre todo a nivel profesional e mais tarde tamén a da súa “ Brother” Adrián.
Despues de moitos concertos e de acompañar a artistas como Mick Taylor (guitarrista de RollingStones), ao cabo dun par de anos chega Adrian tambien á coidade e pasa inmediatamente a formar parte de TonkyBluesBand ,primeiro de bateria,logo de baixista, para xa mais tarde acabar tocando o seu instrumento natural,a guitarra.

Foron uns anos moi intensos, tendo como momento álxido a xira e grabacion coa lendario batería e cantante de Jimmy Hendrix entre outros, Buddy Miles. Este feito cambiou a súa maneira de ver as cousas,e foi unha lección tanto musical como humana que xa nunca esquecerían.

De aí a Berlín, esperáballes a escena europea onde Marcos e Adrián forxáronse unha gran reputación logrando incluso un Awards á mellor banda de blues europea, e virando por todo o mundo taloneando a grandes lendas e compartindo escenario con outras tantas.

A expectación que existe en Galicia pola súa reunión con fans de toda a comunidade solicitando o concerto fai que Ferrol poida poñerse no mapa do mundo músical galego, especialmente nos amantes do Blues, Funky, Soul ou Rock andRoll que demandan o concerto desta reunión.

Marcos e Adrián estarán acompañados de grandes músicos que lles acompañaron no seu xa longa traxectoria profesional, como CRISHRANNEMBERG considerado como un dos mellores pianistas do mundo polas revistas especializadas e produtor do mítico disco Hotin´ Roof directamente desde Berlín onde impulsou a súa carreira a nível internacional, JULIAN VAUGH batería que acompañou a mitos como Albert King e B. B. King desde EEUU e o reputadisimo #baixista de blues DAVID SALVADOR que adoita acompañar a Adrián Costa con TheCryers. Todo un luxo para o público e os seus oídos!!!

AXENDA

Facebook

12 hours ago

Ábrete de orellas
Grazas á presión das compañeiras de GZmúsica , ás novas influencers e chiadoras da música en galego, aí estaremos, no sábado desta cita tan mediática. Agora que xa facemos 20 anos e nos reivindican, fecharemos cun "Choio virado. Até aquí chegamos"O Son do Camiño anuncia novo cartaz!!!!!. As críticas recibidas pola escasa presenza de grupos galegos, fixeron recapacitar á organización ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Sala Capitol, Santiago de Compostela.
15 / 18 €