Los Madison “Vendaval”

Febreiro 12, 2010

Eis un chimpo de calidade para a segunda entrega desta banda madrileña que practica pop rock de corte estadounidense clásico (Tom Petty, Springsteen, John Mellencamp…). Seguen a asinar boas cancións, mais agora a produción de José Nortes (Ariel Rot, Quique González,…) saca brillo ao son, especialmente o desas guitarras nas que tamén colabora. Txtexu Altube confírmase como un notable vocalista e un solvente compositor de hits potenciais coma “Si pierdo la cuenta”, “Desafíame” ou “Testigo”, cancións sólidas e sensibles, de degustación fácil e honrosa accesibilidade; é decir, unha comercialidade ben entendida. As letras son máis sinxelas que simples, aínda que en ocasións poden caer nos tópicos, un risco de escribir sobre temáticas cercanas, esas que falan de emocións persoais pero comúns. Sen baixar o bo nivel do disco das mencionadas, tamén facturan baladas coma “Promesas”, a vaqueira “Ha merecido la pena”, os medios tempos “Soldados” ou “Vendaval”, a contundente “Recibí un disparo” ou a espida “No contaba con esto”. Un álbum especialmente recomendado para quen gozan dese mundiño musical no que conviven Los Secretos, Quique González, Burning, Enrique Urquijo ou Antonio Vega. De feito, entre os “padriños” que recomendan a súa proposta están o Quique González e Miguel Ríos. No busquen aquí nada novo, pero si unha proposta de rock ben feito, de melodías e coros efectivos e un convincente traballo de guitarras.
Pepe Cunha 12-febreiro-2010

AXENDA

Facebook