Los Madison “Compás de espera”

Abril 10, 2012

Aproveitando a súa visita ás nosas terras para presentalo, falamos do terceiro álbum de Los Madison. Xa pasaron 2 anos desde aquel “Vendaval” que gratamente comentamos neste web e os seus puntos fortes non fan senón consolidarse nesta continuación. A súa proposta claramente estadounidense volve brillar nuns retrousos, melodías e textos se cadra un chisco máis macerados. Ademais, volven contar coa produción impecable de José Nortes e engaden o apoio de mestres e compañeiros como Miguel Ríos (dúo en “Juego sucio”), os pianos de César Pop ou Ramón Arroyo (guitarra de Los Secretos) entre outros. Cancións como “Compás de espera”, “Entre tú y yo”, “Lo que queda”, “Dividido” ou “Jamás” teñen o acabado necesario para sumar seguidores á súa crecente lexión de fans, eses que tamén gostan de Quique González, Nacha Pop ou Los Secretos e referentes de todos como Tom Petty, Springsteen ou John Mellencamp. O notable cantante e compositor Txetu Altube confiesa en “Ropa nueva” que “Siempre he sido adicto a las cancións, no voy a parar de darles cera”. Sen dúbida, as 12 de “Compás de espera” quedaron ben aqueladas, móvanse en maior medida polo pop, o rock, o country ou o blues.

Pepe Cunha, 10-abril-12

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
Grampoder teñen novo videoclip e arrecende a costa ferrolá ... See MoreSee Less
Ver en Facebook