Los Eternos

Novembro 03, 2012

Los Eternos son concibidos no ano 2003 como un proxecto musical baseado no máis simple “disfrutar haciendo lo que más nos gusta, rock & roll”. Os seus cinco compoñentes son “cans vellos” do panorama rockanroleiro; tanto xuntos como por separado pasaron por diversas formacións, algunhas delas son: Os Maruxa, Los Limones, Rock A Hulas e Guru Deva. O membro máis carismático do grupo, a pesar de ser o máis novo de todos, é, sen lugar a dúbidas, o cantante e contrabaixista Torres. A discografía de Los Eternos, está composta por tres CD, dous deles autoeditados e o terceiro, Back on the road -gravado en Aborynal Records e masterizado en MEMPHIS (USA) nos ARDENT STUDIOS-, editado e distribuído por WARNER MUSIC SPAIN, compañía pola que ficharon no ano 2010.

AXENDA

Facebook

Pub Clavicémbalo, Lugo.