Los Enemigos “Bestieza”

Marzo 18, 2020

O regreso ao estudio de Los Enemigos con “Vida inteligente” (2014) complementou a súa volta aos directos quince anos após a separación. Contiña varias cancións realmente boas que non desmerecen no seu repertorio ao vivo pero en conxunto talvez fallaba en cohesión, afrouxaba un pouco. Agora chega o segundo álbum da nova etapa para amosar a banda nun dos seus mellores momentos, cohesionada e chea de ganas. “Bestieza” é un título moi ben acaido pois responde á enerxía que transmiten unhas cancións case sempre por debaixo dos tres minutos, breves, directas, levadas polo ditado das melodías, sen forzar.

Se pensamos na traxectoria da banda non debemos estrañarnos, senón celebrar, que entre as súas influencias máis clásicas de rhthym and blues ou pub-rock tamén se coan sons máis punkarrones ou power-popeiros, tipo Undertones, Buzzcocks, The Replacements … Aquí hai moito disto último, porque vaia comezo sen pausa suman as máis aceleradas “Siete mil canciones” e “Vendaval”, baixando apenas un chisco a velocidade con “La ofensa” e “Menos que un perro”. Estamos atopándonos cunha solidez propia dunha banda veterana cuxa base rítmica está espectacular e co guitarrista David Krahe ben afianzado. Enténdese e divírtese compartindo xogos coa guitarra dun Josele tan en forma como vocalista e letrista como na súa traxectoria propia, onde xa tocaron xuntos.

Nun disco de ritmo rápido chega entón para nos frear a canción máis longa, “La costumbre”, desde xa unha das súas mellores -e non é que teñan poucas. Vén recordarnos que mesmo nun disco urxente que reborda enerxía e puidese resultar luminoso, as letras son tan “puñeteras” e afiadas como case sempre: mala hostia, sarcasmo, axustes de contas, ollada escéptica … Tras este respiro intenso, volvemos subir case ao 11 con “Mar de sendas”, Fino asina e canta dous minutos do seu mellor pop en “Océano” e recibimos outra xoia contida na fereza chamada “Sortilegio sideral”. “Hey Judas” son uns Enemigos tirando moi ben cara a uns Stranglers e o estupendo trío de medios tempos complétase con “Rey Pescador”. Talvez estes soan máis a Josele en solitario e rebaixan a velocidade do disco, pero as grandes cancións non sobran ningures.

Non é que sorprenda que un grupo formado hai máis de tres décadas soe tan ben, pero si que xunte tantas cancións de factura tan notábel, ao nivel do mellor da súa traxectoria e presente un disco tan sólido, que se escoita do tirón, sen fendas. Estes Enemigos saben o que queren e atinaron cun produtor como Carlos Hernández que entendeu como tiñan que soar a día de hoxe. Expectativas superadas.

Pepe Cunha, 18-marzo-2020

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook