Los Bigotes de Pancho Villa

Novembro 09, 2013

nota:
Los Bigotes de Pancho Villa (blues, funk, rock)
Banda formada por Fernando Ruvel, líder dos mexicanos Los Mighty Calacas, Mr. Cool e Paulo Silva

O sábado terá lugar na Casa das Crechas un concerto dunha formación ‘ad hoc’ que arrasou nos concertos do verán. Trátase de Los Bigotes de Pancho Villa, unha unión temporal de músicos que repasarán un gran número de clásicos do blues, rock e funk.

Los Bigotes de Pancho Villa son:
Fernando Ruvel, líder dos mexicanos Los Mighty Calacas
Mr. Cool, cantante, guitarrista e trompetista galego (Cool Hamsters, AloDango, Fratelli Negroni, Ruso Negro, O Coro da Rá…)
Paulo Silva: grandísimo percusionista brasileiro, que forma parte de proxectos como Odaiko e acompaña a outros músicos como Sérgio Tannus.

Aquí podedes ver varios vídeos do concerto deste verán:

AXENDA

Facebook

20:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5€