Los Bengala

Xaneiro 19, 2018

nota:

Los Bengala son un rudimentario tándem formado por Guillermo Sinnerman e Borja Téllez. Unicamente dous instrumentos e as súas voces. Unicamente ritmo e machetes. Cancións curtas, concisas, que buscan ser gozadas por quen as escoita. O dúo non inventou nada novo, porén non hai nada que soe igual. Os sinxelos e poderosos acordes de Guillermo na guitarra apoiados polos complexos ritmos de Borja, ambos a coro na voz principal, crean una enerxía dificilmente resistible. Co seu primeiro álbum «Incluso Festivos», editado conxuntamente por Wild Lion e Dirty Water Records, a banda deu un golpe sobre a mesa e fica para marca-lo seu territorio na selva.

Facebook

22:30 h.
Sala Mardi Gras, A Coruña.
Entradas esgotadas