Los Árboles

Xuño 15, 2012

3 € / 1,5 € (soci@s)
Comezan a xestarse no ano 2010 a partires dunha serie de cancións nas que Alexandro González (piano e voz da banda) viña traballando dende había tempo. Ao escoitalas Alberto Barreiro (baixo e coros) non dubidou en apostar polo que máis tarde serían Los Árboles. Para rematar de darlle forma ás cancións e á banda uníronse ao proxecto Marcelo Pedredo (guitarra), Martín González (percusión e coros) e Octavio Barreiro (batería). Entendéronse, entusiasmáronse e comezaron os ensaios. Xorderon novos temas e o son do grupo foi tomando forma, dándolle moita importancia ás melodías. Los árboles conservan un pop clásico actualizado, unha banda cun estilo propio, en cuxo repertorio hai temas tranquilos e outros máis potentes, dándolle protagonismo á voz principal. Foron aparecendo os primeiros concertos en pequenas salas e festivais, chegando a compartir escenario con artistas como Coque Malla ou Love of Lesbian. Continuaron ensaiando, perfeccionando os temas, na procura dun son limpo, boas melodías e unhas voces que empastaran á perfección. Na actualidade atópanse dándolle os últimos retoques ao seu primeiro EP. Posteriormente comezan unha xira de presentación por Galiza que se espallará ao longo de toda a primaveira-verán.

AXENDA

Facebook

10 hours ago

Ábrete de orellas
Narci Rodríguez dA Trio- DIG IT (Official video) ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:00 h.
Bar Liceum, O Porriño.
3 / 1,5 €