Loli Nogueira

Xuño 16, 2012

Esta cantante galega, fincada en Santiago de Compostela pero natural de Cacheiras, leva máis de 10 anos tentando abrirse un oco nisto da música. Con diversos estudos musicais, empeza a súa carreira cun dúo, xunto a Leo Giannetto á guitarra, chamado Non Title. Tamén participou no dúo Grou Pequeno xunto a Celia Pía (pianos e coros). Ademais, participou como vocalista na S.E.M Big Band de Santiago de Compostela, Brandelia, Nubeira e Ixion. Colaborou ademais en numerosos discos e con varios grupos de diversos estilos. Actualmente atopase ultimando os detalles do seu primeiro disco como artista en solitario, “Sleeping in the corridor” para o que está a recadar fondos destinados a masterización, edición e distribución de este mediante a plataforma Verkami, creada especificamente para os artistas que buscan financiar colectivamente os seus traballos a través do aporte de mecenas, que máis tarde, dependendo do aporte de cada un, verán recompensado o seu esforzo. Podedes axudar a financiar o proxecto de Loli Nogueira a través de este enlace:

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
chegou o novo de García Mc, con Xisco Feijoó: "Quen son eu?"PlayPlan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook