Loch Lomond

Marzo 31, 2018

ciclo Son Aloumiños

nota:

Apertura de portas: 20:30h. Concerto: 21:00h. Entrada adiantada dende 8 euros. Billeteira: 10 euros. Venda de entradas na billeteira do Teatro Jofre e www.ataquilla.com

Loch Lomond é un proxecto colectivo con base en Portland, Oregon, á fronte do cal atopamos a Ritchie Young.

Portland é unha cidade con multitude de músicos talentosos, iso algo que non vamos descubrir a ninguén. En Portldan, ademais, o sentimento de colectividade e o intercambio de ideas
pálpase no ambiente e é evidente cando repasas todo o que vén desde alí. Loch Lomond é un proxecto colectivo á fronte do cal atopamos a Ritchie Young. Pop de cámara, harmonías vocales prodixiosas e arreglos preciosistas son marca da casa.

Young iniciou o seu proxecto Loch Lomond con amigos que foron variando co tempo, para ir dando forma aos cinco álbumes da súa carreira. O último con claras referencias a Europa: “Pens from Spain” (Hush Records). Neste disco bebe de innumerabeis referencias, desde os seus paisanos The Decemberists a Mercury Rev.

Loch Lomond segue o ronsel de proxectos que están cómodos nos contrastes, que transitan os límites do pop e que poñen todo ao servizo das cancións sen importar os instrumentos nin os medios que se utilicen. Loch Lomond soan clásicos pero, á vez, irremediablemente modernos.

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
Por fin pasamos pola Guion clube clube de Pontedeume e está orelluda. Xa lles gustaría a moitas salas contar con esa disposición e espazo! E non podía haber mellor banda para vivir outro concerto intenso e nas distancias curtas que MOURA, das propostas máis interesantes do país nos últimos anos co seu rock progresivo-psicodélico enchoupado de ritmos e versos tradicionais.Spinda Records Spinda Records Luneda Producións Luneda Producións ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Teatro Jofre, Ferrol.
8 / 10 €