lobalú “haikus”

Marzo 05, 2012

Héctor Lorenzo e Najla Shami son dous corredores de fondo do precario circuito galego de pubs, bares e festivais modestos, desas iniciativas limitadas en orzamento pero que apostan pola maxia da música ao vivo. Esa mesma na que cren Héctor e Najla, que hai uns anos bautizaron a súa unión musical como Lobalú, que no 2011 debutou con este álbum. A ritmo de folk, música brasileira, jazz ou un chisco de pop, Lobalú entregan íntimidade, sensibilidade, agarimo e poesía. Quen os viu en directo no formato instrumental mínimo sabe do que falamos, pero para o disco cumpría ofrecer algo máis no envoltorio musical. Con este fin, tiraron do talento e a xenerosidade doutros moitos currantes do país: Guillerme Fernández, Sérgio Tannus, un Pedro Pascual especialmente brillante en “Cheguei descalza”, Quim Farinha en “Desexo”, Miguel Queixas, Alfonso Calvo … e do traballo nos mandos de Arturo Vaquero e Jahel Piñeiro (Abrigueiro Estudios). A pesar destas notables achegas instrumentais, ao longo das doce músicas propias bótase en falla, coa excepción de “Rumores de falúas” e “Cheguei descalza”, algún retrouso máis que redondee o gancho de pezas como “Desexo”, “Os menceres” ou “Mans”. A non perder “Vento”, do mellor do disco con ese ar de bolero que abandona no espectacular solo final de Michel González. De seguro o potencial da voz de Najla e a sensibilidade de Héctor á guitarra nos depararán máis bos momentos.
Pepe Cunha, 5-marzo-2012

“Haikus nace arrolado pola primavera. Botou flor devagariño, cos aloumiños dunha ducia e media de músicos e amigos e converteuse nun paseo polas catro estacións do ano enfeitado pola música e a poesía. Sen as moras regulamentarias mais coa métrica da alma, cada composición, atesoura un anaquiño da musicalidade e sensibilidade dos que a conforman. O agasallo da súa impronta fai de cada un deles creadores deste espazo e catalizadores dun proceso que tivo a súa orixe na sinxeleza dunha guitarra e unha voz. Éste é o resultado. Tres cancións para cada estación, unha para cada mes do ano, de marzo a febreiro, do froito da cerdeira ó tempo de inverno, o que nos leva a chegares descalzos ós momentos importantes da vida e a vivilos coa beleza núa do haiku.” Najla Shami

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook