Lloyd Cole

Setembro 29, 2016

notA:

O Festival Sinsal Outono 14 abre a súa programación o próximo 29 de setembro co concerto dun clásico contemporáneo británico como é Lloyd Cole. “Lloyd Cole Playing The Classic Lloyd Cole Songbook 1983–1996″ trae a Vigo os temas máis coñecidos do músico, que se presenta en solitario para arrancar o ciclo de outono promovido por Sinsalaudio co apoio do concello de Vigo.

Primeiro foi á fronte do quinteto The Commotions, no lustro que ía de 1982 a 1987 e ao longo de tres discos, e posteriormente en solitario. Dúas etapas que fixeron de Lloyd Cole un dos nomes máis representativos do pop británico atemporal, clásico, do que supera o test do tempo e mantén un estatus contemporáneo.

Queres vir ao concerto? Podes mercar a túa entrada en Entradas Ataquilla.com e se prefires un punto físico tamén están dispoñibles en Vigo en Honky Tonk Discos e Discos Elepe

Apertura Festival Sinsal Outono 14

AXENDA

Facebook

18 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook