Livia Mattos con Paulo Silva

Abril 29, 2016

nota:

A Casa das Crechas ofrece o concerto de Livia Mattos, unha acordeonista brasileira, que nos trae a música de Baía, das festas populares, acompañada de lirismo.

Compositora e cantora, ten cantado con figuras da música brasileira como Jurandir Santana, Capinam ou Chico César, a quen acompaña nas súas xiras. Comezou no circo, onde colleu interese pola música e polo acordeón. Iniciou a súa carreira en solitario en 2008 e empezou a ofrecer concertos por todo Brasil. Nos últimos tres anos realizou xiras europeas, presentando a súa música en Francia, Alemaña, Rusia, Estonia, Irlanda, Reino Unidos, etc.

A súa música mestura a música popular brasileira ( o baile caribeño, a música nordestina e outras músicas rexionais do Brasil) con influencias cosmopolitas.

AXENDA

Facebook

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €