Leroy y los masoquitas + Los Santos + The Twin-Sets

Maio 25, 2012

Entrada: 4€ (descuento consumición incluido)
INFO:

THE TWIN-SETS
Banda con pouco máis dun ano de vida , que asegura bon facer e melodías pegadizas. . Contan entre os seus membros con xente dos Fuzzbombs máis ex-componhentes dos Rockin’ Kies.
O seu estilo é power-pop con influenzas dos Nerves , Exploding Hearts ou Teenage Fan Club.
Van presentarnos o seu primeiro EP autoeditado , Take your rest , gravado e mesturado nos Estudios Bonham (A Corunha) os días 2 e 7 de Novembro de 2011.

www.facebook.com/thetwinsets

The Twin-Sets son : Borja Fernández – Guitarra eléctrica – , Denís Graña – Voz , guitarra acústica – , Nacho – Bajo , Lito – Batería- .

LEROY Y LOS MASOQUISTAS
Banda de surf instrumental con residencia en A Corunha.Segundo eles mesmos se definen:
“Liderados por Leroy, los masoquistas llevan escupiendo agua salada desde 2010, dejando multitud cadáveres a su paso mientras buscan el bronceado definitivo.”
Soltura no esceario e un directo cheo de guitarras con paixón e aire retro , xa que se inspiran en clásicos coma os Ventures . Composicións propias , trabalhadas e con ritmo , pero cun lugar importante para as versións .
Anque podedes atopar temas seus pola rede , dun anterior trabalho autoeditado , actualmente están a presentar o seu primeiro EP , Songs (2011) . Consta de catro cortes e foi gravado, mesturado e masterizado por Roberto Mallo no Taller Electrónico.

http://www.facebook.com/Leroy-y-Los-Masoquistas
http://www.myspace.com/leroyylosmasoquistas

Leroy y Los Masoquistas : Gerson -guitarra- , Rodrigo -guitarra- , Puchao -baixo- , Víctor -batería- .

LOS SANTOS
Que dicir dunha das primeiras bandas galegas en reivindicar o rock garaxeiro e rabudo… Actitude punk e moita festa é o que dan en escea estes tres habitantes de Sada . Cucaracha , Bule-Bule , e Jimbo , levan anos a proclamar o primitivismo e a beatificación de Little Richard ou Screamin’ Jay Hawkins..
Despois de varios trabalhos(Take It Or Leave It -2002- , Sex, Drugs and Heavy Metal Trucks -2003-
, Swallow It -2004- , We Love Usa -2005- , Greatest Shits -2005-) , e aparecer en compilatorios coma o Galician Bizarre vol.I , está próxima a saída do seu primeiro LP , do que virán a presentarnos os seus temas…Ademais traen nova formación ; Hugo , o seu anterior baixista , volta á banda , desta volta como segunda guitarra.

http://www.myspace.com/putossantos

AXENDA

Facebook

22:00 h.
Sala Filomatic, A Coruña.
4 €