Leilía

Novembro 15, 2012

CONsentimento, o novo disco de LEILÍA

Rede Galega de Teatros e Auditorios 2012
Organiza: Concello de Narón e AGADIC

Entradas: 981 102 897 www.padroadodecultura.es

A finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces, convencidas de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debía ter un espazo propio nos escenarios.

ConSentimento é un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeira, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.

Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste quinto traballo unha concepción musical acorde a unha nova realidade. Un disco no que a guitarra, o acordeón, o contrabaixo e a gaita, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional e os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade: Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre.

O deseño do espectáculo corre por conta doutro dos grandes profesionais da escena galega: Quico Cadaval.

AXENDA

Facebook