nota:
A artista interdisciplinar norteamerica Lea Bertucci é compositora, intérprete e deseñadora de son cuxo traballo explora as relacións entre os fenómenos acústicos e as súas resonancias biolóxicas. Ademais de instrumentos clásicos de vento de madeira, o seu traballo incorpora conxuntos multicanle de altofalantes, retroalimentación electroacústica e colaxe de cintas analóxicas. Nos últimos anos, os seus proxectos expandíronse cara a investigacións sónicas da arquitectura, específicas de cada espazo. Profundamente experimental, o seu traballo non teme subverter as expectativas musicais. En 2018, lanzou un novo e aclamado album, ‘Metal Aether’, en NNA Tapes. Lea é coeditora da serie de publicacións The Tonebook, unha mostra de partituras de compositores contemporáneos publicada en Inpatient Press. Como artista en solitario actuou profusamente en Estados Unidos e Europa en espazos como The Museum of Modern Art New York, Blank Forms, Gagosian Gallery New York, Pioneer Works, The Kitchen, The Walker Museum, ISSUE Project Room, Museo Reina Sofía, The Renaissance Society, Chicago, Festival Sound of Stockholm ou o Festival Unsound. En 2016 recibiu a bolsa MacDowell de composición, e en 2018, foi comisionada polo Foro de Compositores de América e a Galería Levy Gorvy en Nova York.
Con Cultura e Turismo de Lugo e CLAP Club Lúdico de Arte y Patafísica.