nota:
Mércores 6 Bluegrass norteamericano con
Lauren Rioux: violín; Sten Havumaki: guitarra
Lauren Rioux é unha fantástica violinista pertencente ao exquisito círculo de músicos de Darol Anger e que tocou durante varios anos na súa banda, Republic of Strings. Actualmente está finalizando unha xira internacional coa tamén fiddler Brittani Hass a quen teremos a oportunidade de ver por Galicia no mes de maio. Ademais de toca-lo fiddle de cinco cordas, é unha excelente banjista e cantante. Presenta o seu primeiro álbum en solitario, All the Brighter, no que participan Darol Anger, Mike Blok, Scott Nygard, etc…