Las Migas

Abril 14, 2016

nota:

LAS MIGAS chegan a Santiago de Compostela para presentar os temas do seu novo disco, que sair á nos próximos meses.

Catro mulleres: Alba, Marta, Alicia e Roser. Catro cidades do norte e do sur:Barcelona, Sevilla, Córdoba e Lleida. Catro visi ns distintas da música e unha mesma paixón: o flamenco. Las Migas comenzan unha nueva etapa, novo espec áculo, novo repertorio e moitas ganas de mirar cara diante. Dúas andaluzas ás guitarras: Marta Robles, a veterana do grupo, e Alicia Grillo, a incorporación máis recente. Dúas catalanas: Alba Carmona á voz e o baile e Roser Loscos ao violín. Elas forman este insólito cuarteto feminino de flamenco e músicas mediterráneas. Aínda que proveñen de mundos diversos, coinciden na procura apaixoada da beleza. Procura constante en cada unha das notas que compoñen ou interpretan. Unha explosión de sons puros, únicos e rebeldes: así é o universo sonoro de Las Migas.

Dende os seus inicios, o cuarteto afincado en Barcelona encheu grandes teatros e participou nos festivais máis importantes de músicas do mundo. A súa nova andaina ofrece un estilo máis rítmico, máis luminoso e con toques latinos. O seu espect á culo, recén estreado, agocha moitas sorpresas: para comezar, Alba presenta por primeira vez unha coreografía con cante e baile, onde agasalla toda a súa sensualidade e forza. O espectáculo nace intimista para tornarse, pouco a pouco, desgarrador. E canalla. E até cómico nalgún intre. Vai medrando en intensidade pero conserva o xeito exquisito, o cuidado do son e do corazón que sempre caracterizou a música de Las Migas.

Las Migas fundouse no 2004, con Marta Robles, Isabelle Laudenbach e Lisa Bause (até 2013) e Silvia Pérez-Cruz (até 2011).
Agora está a piques de saír á luz o seu novo traballo, producido por Josemi Carmona (Ketama).

Entradas: entradas.abanca.com e billeteira do teatro

AXENDA

Facebook

2 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook