nota:
concerto da granadina Lara Bello, nomeada Mellor Artista Española de World Music en 2010 polas Listas Europeas de Músicas do Mundo (WMCE) polo seu disco debut ‘Niña pez’ (2009). Trátase dun concerto en colaboración con Artistas en Ruta (AIE), dentro da xira por España, que tamén a levará a Ourense o venres día 6 de marzo.
Lara Bello mestura a música andaluza con toques de ‘world music’. En 2012 lanza o seu segundo album ‘Primero Amarillo Después Malva’, gañando a audiencia de Estados Unidos e Latinoamérica, o que a levou a residir en Nova York. Nesta ocasión estará acompañada por Abe Rábade ao piano, Paco Dicenta ao baixo e Carlos Freire ás percusións.
A súa formación en diversos estilos levárona a crear un propio onde se fusiona o jazz co flamenco e a música árabe. Canción de autor, cancións da alma e de raíces. Gañou o premio no Certame de Canción de Autor de Ceutí-Murcia (España) en 2009. Ese mesmo ano publica o seu primeiro disco ‘Niña pez’ co que é votada Mellor Artista Española 2010 polas Listas Europeas de Músicas do Mundo (WMCE).
En 2012 publica o seu segundo álbum ‘Primero Amarillo Después Malva’ co que se abre as portas en Estados Unidos e Latinoamérica. En 2013 publica xunto ao guitarrista neoyorkino Eric Kurimski ‘Por el Agua de Granada’, disco dedicado ao cancionero de Federico García Lorca, presentado ese mesmo ano na Ruta de Lorca en Nova York e o Instituto Cervantes da mesma cidade.
Lara Bello xirou por España, Francia, Alemaña, Siria, Estados Unidos, México, China, Xapón, Colombia, Israel, Finlandia e Gabón.