LAR Legido & amigos

Xullo 21, 2016

nota:

LAR Legido ofrece un concerto no Vía Sacra 5 Estrelas Fest con Alejandro Vargas e Reynier Aldana
LAR Legido & amigos (jazz/improvisación) – Xoves 21 19.00h
Forma parte do Vía Sacra 5 Estrelas Fest, festival na terraza organizado pola Casa das Crechas e o Cervantes e patrocinado por Mahou

o Vía Sacra 5 Estrelas Fest, o festival do verán na terraza da Vía Sacra que organizan a Casa das Crechas e o Cervantes e que patrocina a cervexa Mahou, acolle un novo concerto protagonizado polo percusionista LAR Legido e algúns amigos, neste caso: o pianista Alejandro Vargas e Reynier Aldana.

LAR Legido é un dos mellores bateristas do panorama jazzístico estatal e forma parte de varias formacións de éxito, como Sumrrá. Toca a batería e outros obxectos sonoros, é investigador e performer.

Fórmase desde moi novo no C.E.D.I. (Centro de Encuentro para el Desarrollo de la Improvisación, Madrid) no que será o seu principal foco de actuación e investigación: a improvisación, a música contemporánea e electroacústica. Estuda na Berkelee College of Music de Boston onde é seleccionado para o “X Jazz Meeting” organizado pola International Association of Schools of Jazz.

Ao longo da súa carreira colaborou con numerosos grupos e artistas, como Orquesta FOCO , S.E.M Big Band, Maruxa y Trío, Terela Grandin quartet, Abe Rábade Trío, Marcos Teira Cuarteto, Pin.Cirera.Legido.Martinez, Athanasopoulos, Mercedes Peón, Budiño, Marful, Z1C0…abordando varios estilos musicales desde la improvisación libre hasta el jazz, pasando por el folk o el flamenco, participando en una larga lista de festivales por Europa, América y Africa.

Como pioneiro no movemento da improvisación libre en Galicia funda en 1999 o grupo Parto, onde a investigación sobre a arte sonora culmina coa creación do Aquófono, o Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro e a Orquesta de Música Espontánea de Galicia (O.M.E.GA).

Hoxe forma parte de grupos como Sumrrá, ao que o une unha longa traxectoria e unha ampla discografía, Iria Peña Trío, Jose Luis Gutierrez Quartet – IberJazz, Lupercal, 2M12 ou o dúo de improvisación libre xunto o pianista cubano Alejandro Vargas, co que acaba de recibir o Premio Especial CubaDisco 2013 pola grabación en conxunto del disco Miniaturas de Eugenio Granell.

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Versión da mítica "Fairytale of New York" dos Pogues a cargo de Iván Ferreiro , Guadi Galego e moitas máis ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
19:00 h.
Terraza da Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
De balde.