Lapido: “Mis letras iluminan ciertos callejones vitales poco transitados”

Decembro 04, 2005

artigo publicado no suplemento cultural NORDESÍA do Diario de Ferrol (domingo 4/12/05) por Pepe Cunha baixo o alcume de Mr. Deibis

Calquera referencia ás cancións de José Ignacio Lapido adoita ir acompañada de comentarios coma “mistura de poesía e electricidade” ou “rock de ollada poética”. E non por manidos deixan en ningún momento de ser atinados.
Tanto ao fronte dos granadinos 091, a banda coa que se deu a coñecer, coma na súa actual traxectoria en solitario, Lapido goza do recoñecemento fiel dun bo número de seguidores e de gran parte da crítica e compañeiros de profesión. Desde logo, non é nada frecuente que unha banda nacional tan recente (os seus discos sitúanse entre 1984 e 1996) conte xa con dous discos de homenaxe, especialmente se están feitos con honestidade e verdadeiro aprecio, en troques do oportunismo que adoita ser habitual. Ademais, non podemos deixar de mencionar que, case de puro colegueo, o productor de “Más de cien lobos” (Zafiro, ´88) foi Joe Strummer, un dos líderes de The Clash, referentes para 091 xunto a The Who, The Kinks, Dr.Feelgood, Graham Parker, Beatles ou The Jam e o rock and roll e blues en xeral.
Durante máis de dez anos, a banda granadina ofreceu estupendas cancións (“En la calle”, “La noche que la luna salió tarde”, “Debajo de las piedras”, “Zapatos de piel de caimán”, “Huellas”…), por non citar as incluídas en álbumes imprescindibles no pop rock español a cabalo entre os 80 e os 90, coma “Doce canciones sin piedad” (Zafiro, ´89) ou “Tormentas imaginarias” (Polygram, ´93). Nembargantes, e en gran medida debido á súa mala sorte coas discográficas, nunca tiñeron a grande repercusión comercial que pudieran atisbar ao editaren sinxelos coma “Escenas de guerra”, “La torre de la vela”, “Qué fue del siglo XX” ou “La vida qué mala es”. Lapido teno claro: “Un grupo como nosotros, con las letras que cantábamos, haciendo el rock que hacíamos era casi imposible que triunfara en un país tan jodidamente hortera como España” (Efe Eme, abril do 2002).
Tres anos despois da disolución e a edición do dobre álbum en directo gravado en Granada, “Último concierto” (Big Bang ´96), José Ignacio Lapido estreouse en solitario con “Ladridos del perro mágico” (Big Bang, ´99). Desde o principio desta segunda etapa tivo ben claro que el mesmo había controlar todo o tema artístico: composición, interpretación e producción, cegando agora máis lonxe: para editar o seu terceiro álbum en solitario (non contamos o mini “Luz de ciudades en llamas”) decidiu crear Pentatonia Records. A desaparición do selo granadino Big Bang e a falla de interés das discográficas que recibiron a súa maqueta, fixérono optar polo camiño da autoedición, coma, con cadanseus matices, por Kiko Veneno, Ojos de Brujo, Miguel Ángel Villanueva ou Quique González.
Referíndonos xa ao novo “En otro tiempo, en otro lugar” podemos falar de que coma vocalista cada vez se desenvolve mellor (lembremos que o estupendo vocalista de 091 era o seu curmán José Antonio). El mesmo confesa nunca entrevista para a web Abretedeorellas.com: “Me siento más cómodo haciendo solos de guitarra, pero me lo planteé como un reto. Creo que mis canciones suenan más reales cuando las canto yo. En este disco he puesto mucho empeño en que la voz sonara natural y a la vez con intensidad emocional. Eso es algo que no se consigue con gorgoritos ni con exhibiciones gratuitas de potencia vocal.”
Se aceptas a miña suxerencia de achegarte a Lapido, non atoparás novidades sonoras ou artificios sorprendentes, senón melodías claras e estructuras clásicas, como admite na mesma entrevista: “La verdad es que no escucho nada que no sea eso: rock y blues. Algo de jazz y algo de reggae”. As 12 cancións que compoñen esta última entrega afiánzanse coas escoitas e as diferentes reseñas en prensa especializada non coinciden nas cadansúas favoritas pero si en destacar o bo nivel xeral. Trátase dun álbum que se debe ir desgranando para maior disfrute do ouvinte, cunha oferta que inclúe cancións máis pop, máis redondas coma “No digas que no te avisé” ou “La antesala del dolor”, atinados fraseos de guitarra, piano ou órgano, os medios tempos especialidade do artista, a fermosa lentitude de “Con la lluvia del atardecer” e o desamor de “Por sus heridas”, as guitarras fortes, de rock clásico sen fisuras de “Más difícil todavía”, o ar folk de “Escrito en la ley”….Chega por primeira vez a referirse a si mesmo na canción que titula o álbum: “Mientras Saturno devora a sus hijos, Lapido escribe otra canción que habla de flores y alambres de espino, de olvidos y superstición. De otro tiempo y otro lugar.”
Esas letras, eses coidados textos “marca da casa”, seguén a encaixar na definición que delas fixera Diego A. Manrique (imprescindible referente na prensa musical española) coma “canciones destiladas al final de la noche, cuando la lucidez es carga tan pesada como la soledad”. Se cadra, nesta última remesa rebaixe a densidade dos textos en beneficio dos estribillos, dando coma resultado un álbum algo máis pop, máis luminoso. Así, e tamén na mesma entrevista, deféndese fronte á etiqueta de escritor escuro: “Se me tacha injustamente de escritor oscuro. Creo que mis letras iluminan ciertos callejones vitales poco transitados, pero claro está, para poner una bombilla en una habitación oscura primero tienes que entrar en esa habitación y palpar a ciegas las paredes. Eso es lo que hago”.

Máis info na web do artista: www.joseignaciolapido.com
Discografía recomendada:
091 “1986-1991” (Zafiro-BMG, 1996). Dobre CD que inclúe catro álbumes: “Más de cien lobos”, “Debajo de las piedras”, “Doce canciones sin piedad” e “El baile de la desesperación”.
091 “Tormentas imaginarias” (Polygram´93)
Lapido “En otro tiempo en otro lugar” (Pentatonia Records, 2005)

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook