lamatumbá “lume (para que saia o sol)”

Xullo 29, 2005

A numerosa banda ourensá anda de ampla xira con este traballo que lles fai moita xustiza, aínda que reflectir o seu contundente directo sexa unha tarefa complicada. Entre os atinados comezo e inicio con “Lume” e “A despedida” e sempre “con chicha” nos textos (“Un paraugas para cubrinos da política de merda /que nos tape das mentiras que salpican a nosa terra”), once boas mostras dos ritmos e os textos máis populares (“Ai Dolores Ai Dolores, ¿con qué te levas a cara?…” ou “Cómo te quiero yo, te quiero mi corazón”) para movermos as conciencias e os esqueletos. Grandes amigos da fanfarria, o reggae (un sentido “Reggae dos mariñeiros”, “Treboada”), o ska+merengue (“Desertor”), a cúmbia (“Watercumbia”)… e, por suposto, o “Licorcafé”. Se a outros acertos coma “Na noite” lles engadimos esta bonita presentación en digipack e o traballo na producción de Kaki Arkarazo, temos razóns dabondo para recomendar este traballo editado hai uns meses con Falcatruada . O único “pero” é que non apareza a versión corrido da Suave “Dolores se llamaba Lola”, pero para iso están os concertos. Para Abretedeorellas, o álbum galego deste verán.
PEPE CUNHA 29-xullo-2005

AXENDA

Facebook

22 hours ago

Ábrete de orellas
acabamos a semana con "Moito love", a presentación de Vértebras www.facebook.com/profile.php?id=100090796681500 , que son Ika Subversiva e Amari @_vertebras_ www.youtube.com/watch?v=0pN3XpNKQg8 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook