Laetitia Sadier

Outubro 03, 2013

nota:
Laetitia Sadier é unha das artistas femininas máis recoñecibles dos últimos 20 anos. Se durante gran parte destas décadas capitaneou, xunto con Tim Gane, aos influentes Stereolab (quén non recorda ese himno dos 90 que é Cybele´s Reverie) nunha serie de discos a cabalo entre o pop, a electrónica ou a experimentación do post rock, coma os imprescindibles Emperor Tomato Ketchup (Duophonic, 1996), Dots and Loops (Duophonic, 1999), ou Margerine Eclipse (Duophonic, 2004); sempre cun son refinado e futurista unido a un xeito de cantar, do que Laetitia é en grande medida protagonista, hipnótico e cautivador.

Na súa andadura en solitario, Laetitia Sadier leva publicados dous álbumes, o sombrío e introspectivo The Trip (Drag City, 2010), e Silencio (Drag City, 2012) un traballo sólido e centrado, acadando que o seu encanto vocal e ese espírito retro que lle resulta inherente soen frescos coma nunca. E se ademais o fai contando coas colaboracións do seu ex compañeiro de banda, Tim Gane, e vellos coñecidos coma Sam Prekop (The Sea And Cake) e John McEntire (Tortoise), o resultado é un disco que augura unha sólida carreira para esta francesa residente en Londres. Ademais, as letras do disco, voltan a adentrarse nalgunhas das temáticas que xa Sterolab tratara, a loita de clases, a alienación, ou cuestionamento da lexitimidade dos nosos dirixentes, que en definitiva son a orixe dos males que aflixen ao planeta hoxe en día.

A visita de Laetitia Sadier, en formato trío, ao Kunsthalle de Santiago de Compostela, un dos espazos de referencia na cidade, enmárcase dentro do ciclo Baixo a Vide. Cancións con Denominación de Orixe, que dende a primavera levou a cabo unha serie de concertos vinculando a cultura vitivinícola galega con expresión musicais de primeira orde. Con este concerto o ciclo remata a súa programación por este ano, voltando na próxima tempada e deixando un bo número e recordos xunto a artistas coma Birds Are Indie, Sr. Chinarro, Robyn Hitchcock, Xoel López, Damien Jurado e a propia Laetitia Sadier.

Coma nas anteriores entregas do ciclo, haberá unha adega que acompañe e estea presente no concerto. E para unha ocasión especial teremos un viño especial, coma é o Espumoso do Avó Marcelo, un novísimo viño con uva de albariño, treixadura, loureiro e torrontés que está a acadar un enorme éxito e gran aceptación pola sutiliza do seu gusto.

Las entradas se encuentran a la venta en Ticketea.com, Kunsthalle y A Reixa Tenda a un precio anticipado de 12€ y 15€ el día del concierto.

AXENDA

Facebook