La Pulquería

Febreiro 25, 2012

10 € / 8 € (anticipada) / 5 € (soci@s)
Banda valenciana con personalidade propia. É sempre igual e sempre distinta. Uns músicos que inventan o seu camiño. Un grupo de rock que fabrica cancións sen máis condición que a de procurar o equilibrio entre forza e melodía. La Pulquería son vellos amigos cunha paixón en común: tocar, divertirse e divertir tocando. Levan xuntos dende o ano 2000, consolidando este proxecto a forza de directos e de tres discos precedentes que chegaron a medio mundo. Boa mostra delo son as 300.000 visitas que tivo o clip El día de los muertos. La Pulquería é unha banda cun son propio e recoñecible a pesares das súas composicións, que son moi diferentes entre sí. Os temas van dende os cortes punk máis frenéticos aos ritmos máis praieiros, condimentados con coros a tres voces e liñas de ventos potentes e directos. De aquí a súa etiqueta “hard-mariachi-tropi-punk-playero-latinobalcánicovasilón”. Melodías cantables, harmonías bailables que falan de amor, desamor, vida e morte. Fast Cuisine, o novo disco, é o froito do camiño independente que tomou a banda en 2009. Un momento delicado no que non lles quedou outro remedio que sacar peito e reinventarse. E vaia se o fixeron: O grupo peregrinou apadriñado por eles mesmos a Arxentina para produci-lo disco cos míticos Bersuit Bergarabat. No estudio de gravación Del Cielito, unha lenda viva do rock arxentino. A variedade de matices harmónicos que aportaron enriquece o esquelete musical da banda, que buscaba moi conscientemente unha interacción deste tipo. Nunha palabra, o disco “arxentinizou” Baixo a absoluta e total independencia do “eu cho guiso, ti o comes”, o novo proxecto pulqueiro consta de catorce novos temas que lembran á frescura e á contundencia do seu primeiro álbum, Corridos De Amor (2004). La Pulquería volve co espírito desenfadado e o ‘turmix’ pulqueiro mesturando todo tipo de ritmos ska, rock, punk e moito ritmo mariachi e resolvendo o estilo da banda para reafirmar o que veñen sentindo dende a primeira nota que gravaron. Varios destes novos temas, como El gran chingón, Este no es tu Business o Cabeza hueca publicáronse con tres EPs distribuidos dixitalmente en plataformas como Spotify, 7digital o iTunes. Parece moito, pero todo isto non é nada en comparación co que está por vir. A xulgar polo seu tesón, non van parar ata come-lo mundo. Este concerto é posible grazas a GPS (Girando Por Salas) que é un Circuito de Músicas Populares concebido para a promoción das músicas actuais, para facilitar aos artistas emerxentes un circuito de concertos e salas máis aló da súa propia comunidade autónoma e potenciar a música en directo.

www.myspace.com/pulqueria
www.youtube.com/watch?v=kmX4LwCBKzM&ob=av2e

AXENDA

Facebook

23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño.
10 / 8 / 5 €