La MODA (La Maravillosa Orquesta del Alcohol)

Febreiro 15, 2014

nota:
La Maravillosa Orquesta del Alcohol (La MODA) | Folk/blues/country/rock & roll

Adán R&R Maravillas: guitarras, mandolina; Alvar de Pablo: saxofón, coros; Joselito Maravillas: acordeón, coros; Caleb Melguizo: percusión; Jorge Juan Mariscal: baixo; David Ruiz: voz, guitarra, banjo, harmónica.

La MODA (La Maravillosa Orquesta del Alcohol)

Orixinal sexteto que mestura música acústica e instrumentos como acordeón, banjo, mandolina e saxofón. Cun son que bebe do folk, o blues, o country e o rock & roll, esta banda burgalesa deu máis de 80 concertos e editou 2 EP. La MODA publica en outubro de 2013 o seu primeiro álbum, ¿Quién nos va a salvar?, -paso adiante na busca da súa identidade-, producido polo músico de folk Diego Galaz e que combina unha base instrumental de influencia anglosaxona coa distintiva voz resgada do seu cantante. Foi obxecto de críticas moi favorables nos principais medios nacionais (Mondosonoro, Rockzone, Ruta 66, El País) e a xira de presentación do disco está sendo todo un éxito -con sold out incluído na Sala El Sol (Madrid)-.

AXENDA

23:30 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.