la habitación roja “cuando ya no quede nada”

Maio 04, 2007

“París ardiendo”, canción que abre o disco, despista un pouco e fai pensar que este novo disco estará a medio camiño entre o seu listón “Nuevos tiempos” e o mini LP “Dirán que fue un sueño”. Daquel manteñen o contundente son que lles puliu Steve Albini (co que repiten en Chicago) e da anterior entrega unhas letras se cadra máis reflexivas. Mais pronto nos damos de conta que o seu espíritu pop segue presente en presumibles novos hits como “La vida moderna”, “Esta no será otra canción de amor” ou a irónica “Tened piedad del expresidente”. Iso si, un arrecendo épico (sen os excesos que adoita conlevar o cualificativo) chega de cancións como a mencionada “París ardiendo”, “Lejos de la gran ciudad” ou “Posidonia”, punto álxido desta tendencia e que lembra ao pop menos luminoso dos 80. Sen dúbida, cancións de corte romántico como “Hoy” ou “Los amantes y la paz” e o final de “Cuando ya no quede nada” son boa mostra de que coas escoitas, dentro unha proposta que gosten máis ou menos, se aprecia a personalidade musical e lírica dunha banda xa consolidada. Edita Mushroom Pillow.
Pepe Cunha 04/05/07

AXENDA