La Gran Orquesta Republicana.

Febreiro 02, 2013

A Gran Orquesta Republicana chega coa súa “xira pequena 2013” a Bueu.

Nesta xira a banda preséntase en formato reducido (Batería, baixo, guitarra-voz e Trombón) aínda que non por iso menos festivo e bailable. A Gran Orquesta Republicana darán un repaso a súa discografía e recuperarán algunhas das cancións que están nos discos pero que non adoitan tocar en directo, ademais estrearán algunhas das novas cancións que formarán parte do seu próximo disco “Capitalismo KO”.

A Gran Orquesta Republicana pretende a través da mestura tanto de música como de ideas, incitar a bailar e pensar, a rir e pelexar contra a apatía, o aburrimento, o pensamento único e a idiotez que provoca a indiferenza.

A Gran Orquesta Republicana xogan coa mestizaxe pero non imitan a Mano Negra. Teñen ritmos ska pero non copian a Doctor Calypso. Os seus riffs roqueiros non queren calcar os de Extremoduro. Mais ben toman o mellor de cada estilo: rock, ska, calypso, punk, hardcore, reggae, todo o inclúen no seu cocteleira… Perfecto para alegrarte o día

AXENDA

Facebook

23:00 h.
Pub Aturuxo, Bueu.
8 / 10 €