La Coctelera Sónica

Marzo 15, 2013

5 € (soci@s) / 10 € non socios

nota:
UN REGALO PARA OS OÍDOS

Luis Auserón ou Glutamato Ye-yé actúan mañá venres no Bar Liceum baixo o nome de La Coctelera Sónica

Esta fin de semana volven os concertos ao Liceum. La Concelera Sónica con músicos como Luis Auserón ou integrantes de Gluatamato Ye-yé o chega mañá venres 15 de marzo ao Porriño. As entradas xa poden mercarse no 986330022 para un concerto de “música para todos” como o propio
grupo o define.

La Coctelera Sónica chega este venres ao Bar Liceum do Porriño. Será ás 23:30 horas e con entradas a 10 euros para o público xeral e 5 para os socios cando poidamos escoitar este proxecto musical colectivo que xorde de xeito espontáneo durante o inverno 2011-2012 “ante a necesidade
de aunar forzas para poder transmitir que a música é algo vivo e necesario”, segundo os seus integrantes.

Aínda que son moitos os artistas que levan participado ou colaborado na Coctelera Sónica, este venres cantarán no Porriño Iñaki e Patacho de Glutamato Ye-yé, Luis Auserón de Radio Futura, Artemio de Los Enemigos, Íñigo Coppel, Manu Clavijo, Olivia de Happyland e Vanexxa.

A idea cobrou forma no 2011 e en xullo os músicos participantes no proxecto xa superaran a cifra de 60. E se lle engadimos os que queren participar nesta nova tempada, pódese falar de 100 músicos dispostos a colaborar de xeito activo no proxecto.

Enlaces e vídeos:
www.youtube.com/watch?v=iwGEKvc0FAE La Coctelera Sónica
www.facebook.com/LaCocteleraSonica

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño.
5 / 10 €