La Canalla

Febreiro 27, 2016

nota:
Apertura portas: 20:15h. Hora inicio concertó: 20:30h. Entradas en www.ataquilla.com

La Canalla fai música sen truco: tan complexa que soa sinxela, tan rica que se pode bailar, tan imprevisible que a tarareas enseguida.

La Canalla é un grupo especial ata na súa orixe. Formado por cinco andaluces cun alma netamente gaditana, unense coa convicción de revitalizar a copla e o folclore popular, facer letras de hoxe e música con calidade, provocación e total honestidade, un rirse sen deixar de chorar.

Sorprendentes, cativadores, frescos, imprescindibles, con cancións repletas de perdedores e personaxes malditos que se converten por un día nos reis da función a ritmo de swing, bolero, tango, gipsy wester e o que xurda.

“O que nos uniu como grupo –di Chipi, o cantante e compositor- foi unha forma de montar os temas que permitera que no directo sucederan cousas, que non estea todo moi pechado”.

AXENDA

Facebook