nota:
O vindeiro 19 de setembro acolleremos o que promete ser o concerto do ano: a presentación de “Let´s go Wild!”, o novo traballo do Kurt Baker Combo, onde apostan por unha paleta de influencias sen ningún complexo: soan a glam rock, punk, garaxe, power pop, e mesmo deixan ver pinceladas de son Motown, psicodelia e new wave.
Desta volta, o músico de Portland (Maine) afincado en Madrid vén acompañado por tres músicos leoneses de ampla traxectoria: Juancho López ao baixo, Jorge Colldan á guitarra e coros e Sam Malakiam á batería e coros.
Are you ready, canallas?