Klute + Weather Underground

Febreiro 10, 2017

nota:

Weather Underground •No ano 2012, Óscar Quant (Quant, Skyhooks) e Óscar M. (In Extremis, Lost Psychotics) deciden xuntar forzas cun par de guitarras e as súas voces e compartir composicións nas que cada un debería achega-lo seu xeito de ver e interpreta-la música do outro. Isto levounos a facer cancións conxuntas e darlles forma baixo o nome de Weather Underground. A principios do 2016, entran nos estudios Río Records (Ferrol) para grava-los temas que darán forma ao seu primeiro disco Happy people have no stories (CGTH Records 002). Durante os ensaios para os concertos de presentación deste traballo, a formación pasa de dúo a trío coa incorporación de Rafa Pereira (Los Limones, Dr. Robert) ao contrabaixo, piano, voces e percusión.

Klüte •Nace en Ferrol (A Coruña) no ano 2015 integrada por tres amigos da infancia Car —guitarra e voz—, Jai —baixo, voz e coros— e Juli —batería e coros—. O ano 2016 vai supoñe-lo despegue definitivo da banda: unha minixira por Euskadi cos coruñeses Less Fortunate Songs, a súa inclusión no cartel do consagrado festival Felipop, a participación no concerto benéfico Punks for West Papua, xunto a Bang74 e o mítico Chris Masuak, e numerosos concertos pola xeografía galega nos que continúan recollendo boas críticas son só algúns dos logros da banda. Un pastel que ten a súa guinda na recente publicación de Loser (CGTH Records/Bramante/Monasterio de Cultura ), o seu segundo EP, gravado e mesturado en Estudios Montealto (A Coruña) e masterizado en North London Bomb Factory Mastering.

AXENDA

23:00 h.
Club Clavicembalo, Lugo.
5 €