nota.
A Casa das Crechas acolle o concerto do cantor e compositor brasileiro Kleber Albuquerque, que comeza aquí a súa xira por Europa.
Kleber Albuquerque ten máis de 300 cancións, varias delas gravadas por importantes intérpretes da música brasileira, e ten publicado seis discos propios. Traballa en colaboración con compositores de primeira liña da moderna trova de seu país, como Zeca Baleiro, Dante Ozzetti e Fred Martins, recibindo importantes premios no Brasil, en especial por súas cancións compostas para teatro.
Na súa primeira xira por Europa, o cantante e compositor brasileiro mostra cancións de seu novo show “Psicoaudiocardiograma”, no cal presenta un panorama musical de súa carreira.
Nado en Santo André, aprendeu a tocar a guitarra de forma autodidacta e formou parte de numerosas bandas de rock. O seu primeiro disco titulouse “17.777.700” e foi lanzado en 1997. Logo viñeron outros, igualmente com nomes estraños: “Para A Inveja Dos Tristes” (2000), “O Centro Está Em Todas As Partes” (2003), “Desvio” (2007) e “Só O Amor Constrói”, isto sen contar os proxectos especiais e discos artesanais. Atualmente Kleber Albuquerque está a mover o seu novo e último traballo, “10 Coisas Que Eu Podia Dizer No Lugar De Eu Te Amo”.