Kiko Veneno “Doble Vivo”

Outubro 04, 2016

Era práctica habitual que @s artistas editasen discos ao vivo tras ir encadeando uns cantos discos de éxitos, pero a carreira de Kiko Veneno non foi precisamente regular en canto a aceptación popular. En 1977 editara con Veneno un álbum homónimo hoxe incuestionábel, pero que daquela fora bastante ignorado. Despois asinou discos irregulares ou que non encaixaron coa demanda dos 80, polo que tivo que xogar unha última carta apoiado por Santiago Auserón con “Échate un cantecito”(1992). A cousa cambiou e puido seguir a súa carreira musical, gozando desde entón do favor popular con discos notabeis tras loitar por equilibrar liberdade creativa coas esixencias de vendas das multinacionais. Agora, supoño que por falta de interese ou implicación nestes tempos austeros na venda de discos decide abandoalas e refuxiarse en Folmúsica.

E qué mellor estrea para saldar unha débeda co seu cancioneiro que un “Doble vivo” ? Dobre porque nolo presenta separado en “+ solo que la una” e “con Cordes del Mon”. É dicir, nun formato mínimo de voz e guitarra e noutro abrindo a fiestra a novos aires coa súa Banda del Retumbre e unha orquesta de cordas. Entre 22 pezas do seu cancioneiro, 3 xoias repiten nos dous formatos: “Veneno”, “Los planetas” e “Dice la gente”. E a eles sumamos a “Marcha Turca” de Mozart. Aí es ná. Se se trataba de rexistrar o carisma do artista e a lucidez das súas composicións, este dobre álbum aproba con nota.

Como é normal nestes casos, podemos botar en falla algunhas cancións, pero tamén se recuperan “Un catalań muy fino”ou “La casa cuartel”. Hai paradas en todos os discos e varias cancións gañan en complicidade con ese tratamento espido (“Seré mecánico por ti” levada cara ao blues, “Mala suerte”, “Mercedes blanco” acompañado por El Niño de Elche …) ou collen novos brillos cos arranxos (“Mi morena”, “La catástrofe mayor”, “La rama de Barcelona”, “Los planetas”, “Salta la rana”, “Mi abanico de cristal” achegada ao country …). Non son só dous álbumes para repasar un cancioneiro, senón para revivilo nunha escoita que resulta realmente gratificante. Sobre todo para fans, claro.

Pepe Cunha, 4-outubro-2016

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook