kepa junkera

Febreiro 01, 2014

nota:
Kepa Junkera presenta o seu último traballo, “Galiza”, este sábado 1 de febreiro en Santiago
15€
Junkera estará acompañado por Xabier Díaz nas voces e seis músicos máis vascos e galegos

Kepa Junkera, o músico euskaldún máis importante, influínte e internacional do momento, presentará o vindeiro 1 de febreiro no Teatro Principal de Santiago “Galiza”(Fol Música 2013), o seu último traballo discográfico. dedicado á música tradicional galega. Estará acompañado de Xabier Díaz (voz de Berrogüetto, aCadaCanto ou Tres Peixes Voando), ademáis de seis músicos tanto vascos como galegos.

“Galiza” é o proxecto máis ambicioso da súa carreira no que se rodeou dos mellores músicos e artistas galegos: Xabier Díaz, Davide Salvado, Cristina Pato, Xosé Manuel Budiño, Banda das Crechas, Leilía, Luar na Lubre, Susana Seivane, Radio Cos, Os Cempés, SondeSeu, Uxía, Treixadura e moitos máis.

En “Galiza” a trikitixa, o tradicional acordeón diatónico vasco, fúndese á perfección coas gaitas, as voces, os pandeiros, as harpas, os acordeóns… para crear un universo de música tradicional perfecto. O eixo musical Galicia-Euskadi tivo moitos achegamentos ao longo dos anos, pero nunca estivera tan ben representado como neste dobre álbum que Junkera vén de sacar á luz.

“Galiza” conta cunha presentación espectacular: un libro de 23×23 cm, de tapas duras, 50 páxinas con ilustracións, fotos e textos. Junkera está a percorrer toda a Península para presentalo. Este concerto forma parte do Ciclo Sons 2014.

As entradas para todos os concertos poderán mercarse na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a sábado e días do evento de 18.00 a 21.00h) ademais de nesta web: http://entradas.novagaliciabanco.es e no teléfono 902434443.

Vídeo oficial: http://www.youtube.com/watch?v=q7uSrcb6Fps

AXENDA

21:00 h.
Teatro Principal, Santiago de Compostela.
15 €