Kee Avil

Maio 21, 2022

nota:

Kee Avil é o proxecto da artista multidisciplinar Vicky Mettler. A canadense combina guitarra, voz, electroacústicas e electrónica cunha gran exploración das diferentes arquitecturas compositivas para crear cancións dunha gran sensibilidade estrutural, con detalles crecentes e intensos. Este concerto será a presentación en Europa do seu álbum debut, Crease, onde a súa experimentación a leva a estilos musicais como o Glitch Pop, Art Pop ou a Electroacústica, nunha mesutra na que non só funciona, senón coa que namora.

Sábado 21 de maio | O Vello Cárcere de Lugo | Entrada libre ata completar aforo

AXENDA

Facebook

9 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Vello Cárcere de Lugo.
De balde até completar aforo.