Kastomä + Chícharo Psicótico

Outubro 22, 2011

Entrada única: 5€ (desconto en consumición incluido)

Info: Kastomä é unha banda de rock en galego formada en Ordes no ano 2000 por Soneira, Oscar, Xurxo, David e Sito. No ano 2008 incorpórase ó grupo desde Os Gin Tonics de Sigüeiro Antonio Pazos, na batería. O grupo xurdiu para cubrir os fortes desexos de tocar en direto, e logo pouco a pouco, xa coas ilusións cumpridas, empezaron a gravar varios traballos e recopilatorios en estudios profesionais. Kastomä fuxe doutras etiquetas que non sexan as de ser un grupo de 5 colegas que tocan para divertirse e intentan transmitir o mesmo a aqueles que escoitan os seus temas.

Con insignes influencias coma The Clash ou AC/DC, O Chícharo Psicótico, a banda formada por Guilho, Santónic, Prego e Suite presentará o seu novo traballo, que foi gravado nos estudos Rapapoulo en Ordes e que se compón de 14 temas en galego, francés e inglés.

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Mentres andamos a retraballar nunha cousa ben estimulante e necesaria, recuperamos traballos que non pasaron por Ábrete de Orellas ou o fixeron moi por riba."Memoria nova" é o último de Pantis @https://www.instagram.com/ulopantis/pantis.bandcamp.com/album/memoria-nova10 track album ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:00:00
Sala Filomatic, A Coruña
5€