nota:
Este xoves a Casa das Crechas abre a súa programación de xuño cun concerto dos vasco-franceses Kalakan, coñecidos por acompañar a Madonna nunha das súas mundiais, aínda que tamén teñen colaborado con outros moitos artistas como Ara Malikian, Luís Peixoto e moitos máis.
Kalakan son tres cantantes e percusionistas chamados Xan, Pierre e Jamixel. Orgullosos e respectuosos co pasado e decididamente orientados cara o futuro, estes tres artistas vascos de Hendaia dedícanse a inscribir no presente a modernidade da súa cultura milenaria. Ofrecen un repertorio con cancións do século XV ata hoxe en día, xunto coas súas propias composicións.
Utilizan as súas voces e os seus instrumentos como a txalaparta, txirula, tobera, pandeiro, xilintx e un Harmonium da India. Estes son os elementos que utilizan en “Elementuak” (2015): madeira, metal, coiro, aire e o elemento esencial, o silencio. Tamén publicaron “Da Terra” (2016) co portugués Luís Peixoto, no que mesturaban melodías vascas e portuguesas, e “Lamin” (2017), co Duo L’Incontro, unha mestura de música barroca e melodías tradicionais, un encontro entre textos italianos e poemas vascos.