Julio Suárez & The Backyards

Abril 14, 2016

nota:

Julio Suárez & The Backyards, que ten como compoñentes, ademais de Julio Suárez (voz e guitarras), a Fran Borrego (guitarras), Anxo Seco (órgano Hammond, pianos e sintetizadores), Andrés Saavedra (baixo) e Guillermo Borrego (batería e percusións), conforman unha banda de rock alternativo de evidentes influencias americanas, cunhas raíces que se poderían remontar a Lynyrd Skynyrd ou Neil Young, amosando tamén unha clara afinidade cos actuais Drive-By Truckers ou Wilco. De todos os xeitos, o principal atractivo desta banda é un son propio no que destaca o particular e envolvente xeito de executar sobriamente os seus potentes arranxos. Se a isto lle engadimos o seu constante afán anovador e a melancólica e augardentosa voz de Julio cantando en español unhas letras escritas con esmero e precisión, pódese afirmar que Julio Suárez & The Backyards, tras só seis anos de existencia, conseguiron unha madurez e calidade incuestionables. Curiosamente, “backyards” significa “patios traseiros”, que tamén podería ser unha forma de chamar a eses lugares nos que ocorren as cousas que valen a pena …