julio bustamante “material volátil”

Xaneiro 05, 2006

O último traballo deste peculiar artista valenciano é un monográfico adicado as relacións de parella, “canciones de amor paganpo”, di el. “Por más que nos empeñemos no somos cuerpos que se ponen en marcha a la misma hora y el día previsto. Amantes que ni sienten ni padecen. Somos más que todo eso” Como vén sendo característico deste veterán compositor, musicalmente non ofrece nin excesos nin defectos, só procura (coma se fose pouco) o arroupo musical máis axeitado aos seus encantadores textos. Coma tamén ocorría en “Entusiastas”, a producción deste novo álbum (un disco deses bos que se facían antes da chegada dos compactos, con 10 cancións e sen recheo nos seus case 45 minutos) raia a gran altura, sobor de todo cun Carlos Carrasco magnífico nas guitarras e un Bustamante cantando estupendamente. Coma anécdota unha composición en inglés e outra en francés que non chegan á altura de “La caseta”, en valencián, “La máquina que somos tú y yo”, “Amor antiguo”, “Para quererte” ou “Ya me rindo”. Artistas coma Julio Bustamante son necesarios porque rompen coa voráxine editorial, as premuras por acadar un recoñecemto masivo, o pelotazo. Os seus traballos son agardados porque son directos, claros, sen dobre folla. Non defraudan aos que o coñecen e gostan das súas cancións desde que un bo día se achegaron ao seu particular universo. Se tes un momento, non o dubides.
Pepe Cunha, 5-xaneiro-2006

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook