Julie Guravich & Víctor Aneiros Band

Novembro 07, 2012

PRESENTACIÓN DE “BACK FROM THE BLUES”
“Back From The Blues” é o resultado da colaboración e especial conexión musical da cantante Canadense Julie Guravich coa Víctor Aneiros Band.
O álbum está configurado por un repertorio de temas onde non só podemos gozar de versións de clásicos como “Help Me Through The Day”, “Same Old Blues” ou “Hey Bartender”, senón que tamén podemos escoitar temas como “Yes I Know” “Back From The Blues” ou “Driving Home Blues” asinados por Guravich & Aneiros.
Entre as colaboracións, destaca a de Mingo Balaguer, unha das mellores harmónicas neste xero en España.