Judith Hill

Xullo 26, 2019

nota:

Nada en 1984, na cidade de Os Ánxeles, é filla dunha pianista xaponesa e dun cantante de funk afroamericano, que lle inculcaron desde moi pequena unha vasta cultura musical. É compositora e pianista, pero destaca especialmente pola súa preciosa voz, o que lle serviu para relacionarse con dúas figuras míticas do pop como Michael Jackson e Prince, aos que acompañou en numerosas ocasións como corista tanto en actuacións en vivo como en gravacións en estudio.

Michael Jackson elixiuna para actuar con el na que sería a súa última xira This is It, que se frustrou trala súa prematura morte no ano 2009. Nela, Judith Hill, ademais de ser unha das voces de respaldo de Jackson, cantaba en formato dueto con el “I Just Can´t Stop Loving You”. No mediático funeral oficiado en memoria de Michael Jackson, Judith cantou “Heal The World”, nunha actuación chea de sentimento que deixou unha pegada inesquecible entre os que a presenciaron.

A súa relación profesional e persoal con Prince foi moi frutífera. Judith colaborou con el durante os dous últimos anos da súa vida, e o “Xenio de Minneapolis” produciu o seu primeiro disco, lanzado no ano 2015 e titulado Back in Time, que foi gravado nos estudios que este tiña na súa mansión de Paisley Park, e cuxa descarga de internet contiña unha nota de voz súa encomiando a Hill, cuxo talento admiraba, chegando a dicir nunha ocasión aos xornalistas que o entrevistaban o seguinte: “Non me fagades as preguntas a min, facédellas a ela, que pronto vai ser tan famosa que nunca máis vos atenderá”.

Colaborou tamén con artistas da talla de Stevie Wonder, Rod Stewart, Elton John, Robbie Williams, Anastacia, Chaka Khan, George Benson, Josh Groban ou John Legend.

O seu ascenso á fama relátase na película documental 20 Feet from Stardom, dirixida por Morgan Neville, que obtivo o Oscar ao Mellor Documental en 2014 e o Grammy á Mellor Película Musical no ano 2015. Nela relátase a vida dos cantantes que fan os coros nos concertos e gravacións das grandes estrelas musicais, e interveñen, entre outros, Bruce Springsteen, Mick Jagger, Sting e Stevie Wonder.

A súa relación co mundo do cine non acaba coa súa participación nesta película, senón que tamén colaborou na banda sonora de Red Hook Summer, dirixida por Spike Lee, e na que se incluíu a súa composición orixinal titulada “Desperation”.

Judith Hill é tamén coñecida pola súa estelar participación no ano 2013 no talent show norteamericano The Voice, na que foi unha das concursantes favoritas do público e dos coaches, entre os que se atopaban Adam Levine (cantante de Maroon Five), Usher e Shakira.

A crítica dixo dela que a súa voz resulta conmovedora e ten unha calidade que a fai única. Móvese comodamente en practicamente todos os rexistros e destaca especialmente en interpretacións de R&B, jazz e gospel, pero tamén explorou o funk e ata o hip-hop. Pontevedra é unha das paradas previstas na súa xira mundial de presentación do seu último disco titulado Golden Child.

FORMACIÓN:
Judith Hill: piano/guitarra
Peewee Hill: bajo
Michiko Hill: teclado
Gregory Moore: guitarra
Ronald Manaog: batería
Carmel Allison Echols: coros
Sophia C. Whitehurst: coros

AXENDA

Facebook

16 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:30 h.
Praza da Ferraría, Pontevedra.
De balde.