Juan Mari Beltrán

Novembro 04, 2016

nota.

O Club Clavicembalo acolle un concerto de Juan Mari Beltran, investigador, promotor e unha das figuras máis importantes da música popular vasca. Actuará acompañado de dous grandes músicos como Ander Barrenetxea na txalaparta e Errege Belda ao acordeón.

Juan Mari e o seu equipo transpórtannos desde os ritmos de traballo dos seus avós á música de txalaparta tal e como se coñece hoxe en día a través dun fantástico xogo de luces e sombras, de imaxes, de danza, de ámbitos rurais e como non, de ritmos en soportes diferentes. Unha marabillosa viaxe para aprender gozando da cultura vasca.

Desde mozo viuse inmerso na música, primeiro tocando o clarinete e o txistu e pronto facéndose responsable de recoller a testemuña da anterior xeración de músicos populares. Como txalapartari formou parte xunto ao seu irmán Bixente e os irmáns Artze da escola vasca de arte creada por Jorge Oteiza nos anos 60, dando inicio á nova era da txalaparta, baseada na txalaparta tradicional.

Tomou parte en colectivos como o Grupo de Música Contemporánea, que fundou o pintor Rafael Ruiz Balerdi e creado os grupos Sustraiak, Azala e Txanbela. Tamén formou parella artística con Joxan Goikoetxea. Froito de todo este traballo, editáronse diversos discos. Publicou numerosos traballos no campo da investigación de instrumentos e músicas populares, así como o disco e a película Euskal Herriko Soinu Tresnak, considerados como un dos máis importantes documentos da organografía popular vasca.

Imparte clases de alboka e txapalarta no Conservatorio de Música de Hernani desde 1985, lugar no que creou e dirixe a Txalaparta Eskola. Ao longo dos últimos anos impartiu ademais conferencias e cursos en diferentes foros.

Conseguiu tamén facer realidade un proxecto no que leva traballando moitos anos: O 1 de marzo do 2002 Herri Musikaren Txokoa (Recuncho da Música Popular) abriu as súas portas a todos os públicos en Oiartzun, e desde entón funciona tanto a exposición como o mesmo centro de documentación. http://www.herrimusika.org

ARDITURRI foi o primeiro traballo en solitario de Juan Mari Beltran, en formación de sexteto. En 2006 publicouse a continuación deste proxecto, no seu interesantísimo disco, ORHIKO XORIA (Elkar). En outubro de 2009, entre outras moitas actividades, Juan Mari Beltran publicou un novo proxecto: TXALAPARTA (Nerea editorial e Syntorama, 2009), a obra mestra de Juan Mari Beltran, composto dun luxoso libro con gran riqueza de textos, ilustracións, partituras e fotografías, acompañado dun CD composto por 18 obras orixinais gravadas en exclusiva para este proxecto e producidas por Suso Saiz, e por un DVD, que recolle as imaxes desta gravación xunto con entrevistas únicas a diferentes protagonistas da historia da txalaparta.

Actualmente, acaba de gravar o seu último traballo, que se atopa en fase de posproducción e verá a luz a finais de ano. Nesta máxica viaxe, Juan Mari Beltran e o seu equipo transpórtannos desde os ritmos de traballo dos nosos avós á música de txalaparta tal e como se coñece hoxe en día a través dun fantástico xogo de luces e sombras, de imaxes, de danza, de ámbitos rurais e como non, de ritmos de txalaparta en soportes diferentes. Unha marabillosa viaxe para aprender gozando da cultura vasca.

AXENDA

Facebook