Josephine Foster + Paz Lenchantin

Novembro 13, 2012

festival SinSal X

8€ | Socios de balde

Despois da cancelación do concerto de Veronica Falls, o Festival Sinsal X non quería rematar sen pechar as súas actividades na cidade de Vigo. Por iso, a Concellería de Cultura e Festas participa no Festival Sinsal X coa organización do concerto de clausura por conta de Josephine Foster, o martes 13 de novembro ás 21:00, no auditorio municipal do Concello.

O Concello de Vigo apoia así unha vez máis unha das iniciativas musicais máis importantes da cidade, que se ven consolidando ano tras ano, a través de novidosas iniciativas, a fidelidade dun público e a calidade das súas propostas artísticas.

A marabillosa cantante e compositora estadounidense, Josephine Foster, presentará en directo con banda o seu último traballo, Blood Rushing (Fire Records), nunha actuación que ofrece a posibilidade de gozar da súa extraordinaria voz saltando e balanceándose a través dos arranxos melódicos tecidos polos seus escudeiros.

Gótica americana, impactante folk, e música das montañas combínanse con frescura pola banda en estado de graza na que converxen o grandísimo guitarrista Victor Herrero, canalizando todo tipo de texturas e cores, á percusión estará Lorena Álvarez (Lorena Álvarez y su banda municipal), e a ilustre Paz Lenchantin (Entrance Band, Silver Jews, A Perfect Circle, Zwan) evocando a nostálxica calidez e a beleza dun fonógrafo con baixo e violín.

AXENDA

Facebook

10 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Auditorio municipal do Concello de Vigo
8 €